VOLVE «A RECONQUISTA»!!!

Villuendas, un autentico axente secreto en 1809. Baseado en feitos reais.

DENDE O 4 O 20 DE MARZO

Plano donde atoparás todos os locáis do ReTapas

O 24 DE MARZO

«A RECONQUISTIÑA»

Dende ano 2015 a Xunta Directiva decidiu incluír como un
acto máis da festa o Desfile Infantil da Reconquista como xeito de
implicar ás escolas de Vigo e darlle aos mais pequenos un espazo
propio de participación e a oportunidade de mergullarse no espírito
lúdico e conmemorativo que queremos que teña esta festa.

O desfile consiste nunha reunión de rapaces e rapazas das
escolas inscritas con anterioridade nunha das prazas do Casco Vello
para, posteriormente, facer un percorrido polas rúas do Barrio Antigo
ao son dos bombos e dos tambores feitos por cada un dos nenos e
nenas participantes.

Na data elixida para realizar o Desfile Infantil da
Reconquista os colexios participantes confluirán ás 10.15 horas no
lugar onde se indique vestidos uns de franceses e outros de paisanos
e paisanas vigueses do século XIX para ás 10.30 empezar o desfile
polo barrio. A Asociación prestará a cada escola participante un
número que se determinará máis adiante, de vestidos de francés
correndo a cargo dos participantes as vestimentas de vigués e
viguesa que estarán compostas de xeito sinxelo con elementos que
todos e todas teñen nas súas casas. Durante todo o percorrido serán
acompañados por músicos, contratados polo equipo organizador que
tocaron bombos e tambores marcando o ritmo que os nenos e nenas
repetirán co seu propio instrumento. Ao final do acto os nenos e
nenas participantes serán agasallados coa merenda e asistirán a
unha actuación de animación.

PROGRAMA DA FESTA DA

«RECONQUISTA DA VILA DE VIGO 2022«