Contexto Histórico

A chamada Guerra de Independencia, coñecida polos ingleses por Guerra Peninsular, está enmarcada nesta politica expansionista de Napoleón, O Emperador, que colleitara grandes victorias contra Rusia e Austria, no Leste de Europa, pon os seus ollos no Oeste do Continente.

En Madrid, goberna o rei Carlos IV, un monarca pusilánime, despreocupado dos asuntos de Estado, que deixa o goberno en mans do seu ministro Godoy, quen non dubida en pactar con Bonaparte.

Coa escusa de invadir Portugal, tradicional aliada de Inglaterra e, polo tanto, enfrontada a Francia, un exercito frances cruza os Pirineos en 1808, co consentimento de Carlos IV. Ademais, a familia real retírase a vila francesa de Baiona, facilitando así o verdadeiro obxectivo de Napoleón: a invasión do país e a coronación do seu irmán Xosé Bonaparte como novo rei de España.

O control francés do reino divide aos españois. Uns pasan a colaborar co novo goberno, que trae ideas modernizadoras. Son chamados con desprezo «afrancesados». Outros, levántanse en armas, en moitos casos en defensa dos privilexios dos que gozaban no Antigo Réxime. Noutros casos, por supervivencia. O resultado é un absoluto caos.

O 2 de maio de 1808, estoura en Madrid unha revolta popular que é esmagada polo exército francés. Pero o exemplo prende por todo o territorio, e xorden xuntas de cidadáns e unha auténtica guerra de guerrillas contra do invasor.

Co apoio de tropas ingless, a guerra durará seis longos anos, ata que, en 1814, Napoleón verase na obriga de firmar a paz co fillo de Carlos IV, que reinará co nome de Fernando VII, restaurando a dinastía borbónica.

«Familia de Carlos IV» por Francisco de Goya