Benvidos a 1809…

ESTREA VIRTUAL 28 DE MARZO 2021

Manuela do Estanco
Aurora
Mariñeiro «Carolo»

Desde 1994, a Asociación Veciñal e Cultura Casco Vello de Vigo vén celebrando e organizando a Festa da Reconquista da Vila de Vigo. Cada ano, con motivo desta histórica data, as veciñas e veciños de Vigo organizan e participan de forma activa nunha festa que ten como obxectivo dar a coñecer unha parte fundamental da historia da cidade. Dun xeito lúdico e participativo, as rúas e prazas do Casco Vello convértense durante varios días nun escenario para a celebración deste acontecemento histórico.

A afluencia de público, o número de persoas voluntarias que participan nas representacións e nas actividades previas e presentación da festa, o número de postos que solicitan espazo na festa son aval suficiente da relevancia, importancia e arraigo que posue esta festa conmemorativa.

A A.V.C. Casco Vello conmemora o evento cada mes de Marzo cunha sorprendente e orixinal representación teatral e un mercado de epoca nas rúas do Casco Vello de Vigo.

Distínguese co título de

«Festa de Interese Turístico Galego»

e

«Festa de Interese Turístico Nacional»

Membros da:

http://www.fiestashistoricas.es

A %d blogueros les gusta esto: